Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Oleiros celebra o 25 aniversario dos Clubs de lectura e tertulias literarias cun Roteiro Cultural conmemorativo


Con motivo da celebración do 25 aniversario dos Clubs de Lectura e Tertulias literarias na biblioteca Rialeda, o Concello organiza un Roteiro Cultural e Literario conmemorativo que terá lugar o sábado 13 de abril de 2024.

 

 

As bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros festexarán o 25 aniversario dos Clubs de Lectura e Tertulias Literarias o día 13 de abril cun roteiro cultural dirixido a todas aquelas persoas que participan ou participaron nas tertulias literarias.

 

Programa das visitas:

 

9:30 h: Punto de encontro na Biblioteca Central Rialeda.

9:50 h: Traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.

10:15h–11:00h: Visita ao Castelo de Santa Cruz. Breve explicación sobre a súa historia. Panorámica da exposición Obxectomanía. Unha historia singular do coleccionismo.

11:00h–11:10h: Saída do castelo e traslado en autobús ao Pazo de Xaz.

11:30h-12:20h: Visita ao exterior do Pazo de Xaz. Vida, pazos e literatura: unha fascinación.

12:20h: Traslado en autobús ao Pazo do Río.

12:35h–13:35h: Visita ao exterior do Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura.

13:35h: Traslado en autobús á Biblioteca Central Rialeda. Fin do roteiro.

 

As inscricións no roteiro realizaranse a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org, no teléfono 981 639 511 ou acudindo pe forma presencial á Biblioteca Central Rialeda.

 

Ademais, haberá un xantar organizado polos propios participantes dos clubs de lectura. As persoas que desexen participar del poden anotarse no teléfono 667 078 505 ata o 27 de marzo.